satyajit ray

12
Satyajit Ray N: 2 de maio de 1921, Calcuta (India) M: 23 de abril de 1992, Calcuta (India)

Upload: filmotecaforum

Post on 08-Jan-2017

244 views

Category:

Presentations & Public Speaking


0 download

TRANSCRIPT

Satyajit RayN: 2 de maio de 1921,

Calcuta (India)

M: 23 de abril de 1992,Calcuta (India)

A de Satyajit Ray era unha familia de prestixio no ámbito da cultura. O avó, Upendrakishore Ray Chowdhury, foi escritor, editor e líder dun movemento relixioso e social do XIX (Brahmo Samaj). O pai, Sukumar Ray, tamén era escritor. Os dous acadaron especial relevancia no campo da literatura para nenos, algo no que logo tamén destacou Satyajit, que na India foi case tan coñecido polos seus libros como polos filmes. Satyajit creou dúas series de libros para nenos cos personaxes de Feluda (un detective) e o Profesor Shonku (un científico).

Tamén se recorda a Satyajit Ray coma deseñador gráfico e tipógrafo. Esta é unha das tipografías que el creou.

Sukumar morreu cando o seu fillo Satyajit aínda non cumprira tres anos. Ao coidado da nai Suprabha, a vida familiar do neno Ray pasou a ser máis austera.

De mozo estudou economía en Calcuta e logo, por influencia da nai, artes na Universidade Visva-Bharati. Nos 40 empezou a traballar coma deseñador gráfico nunha axencia e logo tamén para a editorial Signet Press, onde lle deron plena liberdade creativa.

Capa de Satyajit Ray para Banalata Sen,poemario de Jibanananda Das (edición de 1952).

En 1947 é un dos fundadores da “Calcutta Film Society”, o segundo cineclube da India. O primeiro filme que proxectaron foi O acoirazado Potemkim.

Casa en 1949 con Bijoya Das, coa que terá ese mesmo ano un fillo, Sandip.

Tamén en 1949 Jean Renoir viaxa á India para preparar a rodaxe de The river. Satyajit fai por encontralo e axúdao na busca de localizacións. Fanse amigos e fálalle dun proxecto que lle anda na cabeza: levar ao cinema a novela Pather Panchali.

O seu xefe na axencia de publicidade mándao a traballar tres meses a Londres. Nese tempo ve case un cento de filmes, entre eles Ladrón de bicicletas de Vittorio de Sica, no que ve reflectidas na pantalla moitas das súas ideas cinematográficas.

Empezou a filmar Pather Panchali en 1952 cos seus aforros e cun equipo sen experiencia e actores non profesionais. A falta de diñeiro estirou a rodaxe durante tres anos. O apoio do goberno de Bengala Occidental permitiu a conclusión do filme e finalmente a súa estrea na India o 26 de agosto de 1955. A acollida inicial foi ben modesta mais o boca-orella acabou por convertela nun éxito. Foi a candidata india no Festival de Cannes en 1956 (co apoio persoal de Jawaharlal Nehru).

Tivo unha proxección de medianoite, pouco publicitada e con escasa asistencia. Os presentes, entre eles Lindsay Anderson, Lotte Eisner, André Bazin e George Sadoul, ficaron tan entusiasmados que non pararon até convencer á organización do festival da necesidade dun segundo pase con todo o xurado. Así foi e o filme acabou levando un premio especial (ao “mellor documento humano”) e empezou a ser, tamén lonxe da India, a lenda que hoxe é.

Aparajito, o segundo filme de Ray, concursou no Festival de Venecia e levou o León de Ouro.

A chamada “triloxía de Apu” complétase con Apur Sansar, protagonizada polo debutante Soumitra Chatterjee, logo actor fetiche do cineasta.

Soumitra Chatterjee

N: 19 de xaneiro de 1935,Krishnanagar (India)

A filmografía de Satyajit Ray está inzada de alfaias máis alá da triloxía de Apu. Aí están, para a historia do cinema, Mahanagar (1963), Charulata (1964), Nayak (1966), The Chess Players (1977), Agantuk (1991)...

Obtivo o Oso de Ouro na Berlinale en 1973 con Ashani Sanket, o León de Ouro en Venecia polo conxunto da súa carreira en 1982 e o Oscar honorífico en 1992, que agradeceu xa gravemente enfermo dende o hospital só tres semanas antes de morrer.

Madhabi MukherjeeN: 19 de febreiro de

1942,Calcuta (India)

Satyajit Ray nas bibliotecas da Coruña

Bibliotecas municipais

Pather Panchali (1955): Castrillón, Fórum, Monte Alto, Infantil e Xuvenil.

Aparajito (1956): Castrillón, Fórum, Monte Alto, Infantil e Xuvenil.

Apur Sansar (1959): Fórum, Os Rosales, Monte Alto, Infantil e Xuvenil.

Libro Las aventuras de Feluda: Os Rosales.

Biblioteca da Deputación

Pather Panchali (1955)

Libro Las aventuras de Feluda.

Libro Satyajit Ray (Cátedra) por Alberto Elena.

Biblioteca González Garcés

Pather Panchali (1955)

Aparajito (1956)

Apur Sansar (1959)

Libro Las aventuras de Feluda.

Libro Fatik y el juglar de Calcuta.

Libro Satyajit Ray (Cátedra) por Alberto Elena.